Grupo e expertos ten novo disco e sirva este vídeo para lembrar un dos concertos mais divertidos que vin, con Jota cantando e falando polo megáfono no Festival do Norte, tamén foi ai cando coñecemos a Antonio Lomas que agora tamén está con Lori Meyers. bos recordos.
Este venres chegan a Sala Super 8 os artífices dun dos mellores discos do ano pasado para gran parte da prensa musical. O Pesadilla adulta dos madrileños Juanita y los Feos é un disco moi divertido no que fan un pop moi punki que asocias as bandas da movida xa dende o inicio de «El final» con eses teclados tan dos oitenta e eses punteos de guitarra que pasean o longo do LP.
Unhas letras cheas de humor negro cos chíos de Juanita completan o paquete á perfección.
A cancion é dun EP anterior pero da idea do camiño mais pop que se alonxa un pouquiño do son mais garaxe dos inicios.
Este venres na Super 8 ás 22:30 a 5€ anticipada e 7 € na porta.
O último cine en pe de Ferrol, o Cine Duplex de Esteiro cumpre 16 anos e para celebrar o aniversario este venres as entradas custarán 1 € para todas as películas. O cine sobreviviu no tempo adaptándose e exhibindo películas un pouco alonxadas dos blockbuster e aloxando ciclos en versión orixinal enriquecendo a escena cultural de Ferrol. Que dure moitos anos e que siga na súa inquedanza de ofrecer algo distinto!
E no tocante a concertos mañá estarán Nancys Rubias no Playa Club, Alberto Gambino en Le Club e Alamedadosoulna na Capitol pero o concerto que mais me apetece ir é o de The Valkyrians e Dandy Fever na Mardi Gras o sábado.
Da man de Luva Negra Producións ven unha banda do mellorciño do ska e rocksteady europeo como son os finlandeses The Valkyrians que estarán por primeira vez en Galicia acompañados polos coruñeses Dandy Fever, de volta nos escenarios despois dun longo descanso.
O concerto ten moi boa pinta porque ademais de ter bos temas propios e non ser doado ter recoñecemento internacional a banda finlandesa ven de sacar un disco cheo de versións de grupos punk e new wave de finais dos 70 (por se pensas que non vas coñecer ningunha canción do concerto). Os Dandy Fever tamén teñen un bo directo e ademais con sección de metais co que presta iso . Para entrar en ambiente antes do concerto haberá pinchada no Bar Soho (Travesía de Cormelana) ás 19:30h con pinchos pra xente e para cerrar a festa haberá tamén unha pinchada no Bar O Polvorín (rúa Vereda Do Polvorín).
Abriranse as portas da sala ás 22:30h e o concerto comezará ás 23:00h (Puntual) a entrada na porta é de 12€.
Con iso de que agora traballo en Ribeira xa me chegaran rumores de que volvian os mais jrandes, ao parecer levan un tempo ensaiando con toda a formación orixinal menos o batería que anda polo mundo adiante pero parece ser que o resto se xuntará para uns concertos que farán este verán.
Haberá que ver se conservan a súa forma atlética enriba do escenario, xa pasou bastante tempo dende que deixaron de tocar xuntos e ainda que todos seguiron tocando en bandas a xente non os seguiu de igual forma, tamén algúns ocuparon o seu tempo en outras disciplinas coma na televisión (e con bastante exito) pero agora volven ao rock.
A ver se empezan a aparecer as datas dos concertos pero seguro que encherán ala onde vaian.
Unha boa canción para empezar a fín de semana con ánimos, La Fuerza xa saira nun disco homónimo (que se pode descargar no Bandcamp do grupo) a través de Birra y Perdiz a principios do ano pasado pero con ocasión da saída dun single de vinilo dentro da liña New Adventures In Pop de Elefant Records rodaron un videoclip coa versión regrabada do single.
Comentarios