A Pintega

Xaneiro, 2006

Pánico na rede

Matachin (29-Xaneiro-2006)

PsicosisEn dous días consecutivos recibin dous correos de dúas persoas sen relación algunha na me advertían encarecidamente que non abrira un correo que puxera Invitación porque contiña un virus catalogado perigosísimo por Microsoft e a CNN, que borraría o meu disco duro e bla, bla, bla, …

Estou un poco farto de ese tipo de correos, porque, se non caíchedes na conta: son falsos. Este tipo de correos son os denominados hoax e son algo así coma o Vai desaparecer España do universo virtual.

Se algunha vez recibides un correo polo estilo ou calquera outro que vos invite a envialo a cantas máis persoas mellor borrádeo, e se tedes a impresión de que podería ser verdadeiro e que é mellor reenviar, facer unha boa obra e arriscarse: Copiade o correo (ou un párrafo deste) e buscadeo en google e veredes como aparece a páxina co texto integro da mensaxe e a explicación do engano.

Para máis información botade unha ollada en Rompecadenas onde atoparedes moita información sobre hoaxes, spam e como evitálos con como

E xa postos outra petición: os arquivos de Powerpoint de máis de un mega non son graciosos, e os de menos … tampouco.

Categorías: Internet | Sen comentarios »

Takeshi’s castle

Jans_topo (27-Xaneiro-2006)

Día tras día a cadea de televisión Cuatro está dando novos motivos para terminar converténdose na cadea do amor… Oín críticas dicindo que non fan máis que poñer cousas vellas e rancias. E sí creo que, en parte, é certo. Pero, aínda que nunca fun moi amigo dos movementos melancólico-revivalistas, cando se fan con productos interesantes e de calidade, a reposición está máis que xustificada.

Como é o caso do estreo de este sábado 28 de enero: Humor Amarillo!!! Tódolos fines de semana ás 14:20. Ó parecer a doblaxe non é a mesma que cando o puxeron en tele5, pero os tipos que o volveron a facer intentaron ser respetuosos con aquela versión. A emisión dos 100 episodios farase en orden cronolóxico tal e como se emitiron en Xapón e veranse cousas que non se viron na emisión daquí no seu momento. Beat Takeshi!

Por certo, para demostrar que non todo en Cuatro son vellouqueríos, fálase de que en breve Cuatro vai a estrear Samurai Champloo. A nova serie de Shinichiro “Cowboy Beebop” Watanabe, na que cambiamos ciencia-ficción por samurais e jazz por hip-hop nunha serie tanto ou máis cool que aquela.

Ah! e se sodes dos que odíades á xente, deberíades ver House, en emisión desde este martes pasado, e non perder un só dos desplantes do doutor Gregory House.

Categorías: TV | Sen comentarios »

Cubatas en A Tola

Matachin (26-Xaneiro-2006)

O fin de semana volve a música en directo a Fene. Este vernes en A Tola actuarán os Fabulosos Cubatas de Focking Brothers co seu show de música e humor, reinventando éxitos coñecidos a través da súa peculiar óptica. Diversión asegurada.

IMPORTANTE: Fagades o que fagades, non lles recordedes que moitas das cancións que interpretan son dos Petersellers. Pode que non entendan a broma.

Categorías: Concertos, Fene | 2 Comentarios »

iPOP

Matachin (23-Xaneiro-2006)

Hoxe empeza un novo programa de música na segunda cadena de TVE. Dirixido por Jesús Ordovas, iPOP, pretende ser un programa de música con mayúscula, en directo, de calidad y hecha en el plató de TVE.

Xa están confirmadas a presencia de xente coma Corazón, Clovis, Garzón, Glamour to kill, Nosoträsh, Refree, Dorian, Nancys rubias, Da, Second, Sidonie ou FMM. E como no Diario Pop de Ordovás tamén haberá sitio para grupos que aínda non teñen nada editado.

Para o debut, reportaxe sobre o Refuxio antiaéreo e actuación en vivo de Los Planetas, que tocarán dúas cancións do seu próximo disco e Amaral

Moita sorte, que unha cadena publica non pode reducir a sua presencia musical a Mira Quien Baila.

Categorías: Música, TV | Sen comentarios »

A Píntega: Taberna Virtual is proudly powered by WordPress
Entries (RSS) and Comments (RSS).