A Pintega

3 Febreiro, 2006

Concertos en Fene

Matachin (3-Febreiro-2006)

Este fin se semana hai dúas oportunidades de disfrutar da música en directo, xa que tanto o venres coma o sábado haberá concertos en A Tola

Para empezar o venres o espectáculo Transpoting repasará na voz de Julie Guravich a música que se fixo popular por ter aparecido en anuncios da televisión.

Mañá sábado Riff-raff despediráse dos escenarios despois de anos recorrendo mundo a ritmo puro rock’n roll cun repertorio baseado en clásicos dos míticos AC/DC, unha ocasión que non podes deixar escapar.

Categorías: Concertos | Sen comentarios »

MANDO DIAO

Iclo (3-Febreiro-2006)

25 Abril 06, lembrade ben esa data porque pode ser un dos concertos do ano no Playa Club. Nada mais e nada menos que MANDO DIAO. Parece ser que xa teñen datas confirmadas para a súa xira por España na que presentarán cancións do que será o seu novo disco, que verá a luz no mes de setembro.

Sepades tamén os fans e os non tan fans que para ver mais información sobor da xira, podedes visitar a sua páxina web oficial en España Mando Diao. Concerto altamente recomendado.

Categorías: Concertos | Sen comentarios »

A Píntega: Taberna Virtual is proudly powered by WordPress
Entries (RSS) and Comments (RSS).