A Pintega

10 Febreiro, 2006

Festa Rachada

Matachin (10-Febreiro-2006)

Hoxe espertanme os foguetes as nove da mañá, señal inequívoca de que empezan as festas de San Valentín. O que significa que na taberna estamos de patrón: tres días seguidos de festa rachada. Comezan tres días de copiosas comidas, darlle ganancia os comerciantes locais e frenesí Latino-Bisbaliano diante do palco, porque cada cousa ten o seu sitio e o seu momento.

O que non teña o corpo para orquestras, debedes asistir hoxe pola noite a presentación do segundo disco dos Tigres do Cañotas no Bar Tola, que despois de ter mallado o seu primeiro disco por distintos escenarios e lugares de mala reputación mostrando algunha que outra mostra do seu novo material xa era hora de alimentar de novas músicas os oídos do seu númeroso grupo de fans.

E por se fora pouco levantome e na prensa leo que despois de tira e afloxa co seu propio partido, e despois de rumores que o situaban cunha carteira en Madrid, queren mandar a Sir Paco a xunto do Papa.

Esto hai que celebralo, o patrón digo … e onde hai patrón: bola, guinda e todos a orquestra.

Categorías: Fene | Sen comentarios »

A Píntega: Taberna Virtual is proudly powered by WordPress
Entries (RSS) and Comments (RSS).