Fin de Festa
Matachin (14-Febreiro-2006)
Hoxe acaban as festas de San Valentín co tradicional pasarrúas, despois dun fin de semana de festa contínua que tiveron un claro gañador no tocante as orquestas.
Se ven tiña oído dun amigo que en festas en Euskadi podíanse escoitar cousas como o Sarri, Sarri de Kortatu e en verbenas galegas teño visto interpretar cousas de Los Suaves o de a Orquesta Philadelphia non ten nome.
Despois de poder darme cun canto nos dentes por escoitar a Pereza nunha festa patronal, que sen ser eu un superfan e do máis digno que se pode escoitar en cadeas de radioformula contemplo impertérrito como pasando polo Highway to hell comeza a soar o riff de Enter Sandman e a xente tolea; e seguen caendo: Give it away, Killing in the name of ou ¡¡THE BEAUTIFUL PEOPLE!! con toda a orquesta en fila o ritmo e o certo aire Kitsch que lle dan a interpretación as camisas brillantes farían as delicias de Marilyn Manson.
Por que se se quere devolver a xuventude ás festas haberá que contar con elas para o tema da orquesta tamén (ainda que tamén hai un punto intermedio).
En fín, de hoxe nun ano.
Categorías: Concertos, Fene | Sen comentarios »