A Pintega

16 Febreiro, 2006

Duelo de guitarras

Matachin (16-Febreiro-2006)

Recibo dun familiar un enlace tremendo. Tratase dun programa xaponés onde Paul Gilbert (ex-Mr. Big) e Marty Friedman (ex-Megadeth) participan nun duelo; primeiro teñen que adiviñar (e interpretar) cancións de Kiss a partir dunha rapaza que tararea e despois teñen que interpretar unha canción dun grupo (jevi por suposto) que empece por unha letra determinada ata que un erre. Impresionante ver este xogo onde os dous guitarristas amosan a sua habilidade como se tal cousa, e tamçen e impresionante que os dous saiban xapones.

[youtube 5l-Z4yj6Kis Duelo de guitarras]

Xaponeses e jevi metal, ¿alguen pode pedir máis? Non me imaxino un programa asi feito na tele de aquí, dedicado a un xenero tan especifico. Lonxe quedan os dias de Jazz entre amigos.

Categorías: TV | Sen comentarios »

Faemino e Cansado

Matachin (16-Febreiro-2006)

Creo que isto non se publicitou o suficiente, así que… O mes que ven, do xoves 2 ó sábado 4 no teatro Rosalía de Castro, actuación de Faemino e Cansado. As entradas podense mercar por anticipado en Caixa Galicia.

Categorías: Humor | Sen comentarios »

A Píntega: Taberna Virtual is proudly powered by WordPress
Entries (RSS) and Comments (RSS).