Marzo, 2006
Matachin (24-Marzo-2006)
O acontecemento mais importante deste vernes é o directo de Sorkun na Sala DeZine (San Sadurniño), que despois de recorrer medio mundo con Fermin Muguruza tanto co Dub Manifest como coa Kontrabanda presenta o seu segundo disco en solitario Duna.
A música de Sorkun podería ser considerado coma un Rock aberto a achegarse a estilos coma o drum & bass ou Bossa. A dulce voz de Sorkun, guitarras pesadas, saxo tenor e moito máis para crear a atmosfera.
Cousas así non se ven moito por aqui polo que non deberíades perdervolo. Se queredes escoitar algo deste dulce terremoto non tedes máis que visitar o seu espazo en MySpace.com/Sorkun para farcervos unha idea.
E para mañá volve o Fenerock do que xa darei máis datos cando os teña.
Categorías: Concertos | Sen comentarios »
Matachin (21-Marzo-2006)
Para os fans de Buffy e os que non son fans pero necesitan unha boa razón para selo, mañá a iso da unha e media terán ocasión de ver en cuatroº un dos capítulos máis míticos da serie protagonizada pola cazavampiros. Once More With Feeling, o episodio no que por un extraño encantamento os habitantes de Sunnydale vense inmersos nun musical onde comunican con cancións sen poder evitalo, coreografías incluídas. Un contexto creíble de introducir ó musical coma en 7:35 de la mañana onde estaba completamente xustificado que toda a xente do bar se puxese en pé a cantar, en contraposición o musical convencional.
O capítulo tomou moita sona e ata editouse a banda sonora de ese episodio en concreto pola demanda que había entre os fans.
Podedes descargar o trailer [5.47 MB] do capítulo que fixo a UPN (cadea que o emitíu nos EEUU) dende a paxina Buffy World onde atoparedes ademais analises das temporadas e outros contídos.
(máis…)
Categorías: TV | Sen comentarios »
Matachin (20-Marzo-2006)
Este venres será a gran festa de As Pintegas FS xa que haberá unha velada de futbol sala e festa que comezará as nove da noite no pavillón da Xunqueira en San Valentín co partido contra O’Trece/Eshor anteriormente aprazado, ideal para quentar motores para a cita estelar da noite.
Despois de partido as once da noite no Restaurante Javier celebraráse a xuntanza entre a afición e o equipo que servirá, ademais de para unir lazos, de axuda o equipo xa que parte da recaudación será invertido en axudar a pagar os gastos do equipo que por ser o ano de creación o presuposto de este ano tivo que dar conta da equipación, material deportivo a parte do gastos anuais tradicionais de pagos á federación e recinto de entrenamento.
Os que aínda non estedes apuntados a cea poñedevos en contacto con alguén do club ou co restaurante onde se servirá a cea.
E os que aínda non asististes nunca a un partido non podedes faltar, xa que agora non hai a desculpa de que xogan lonxe.
¡Forza Píntegas! ¡Delegado Dimisión!
Categorías: Pintegas | Sen comentarios »
Matachin (17-Marzo-2006)
Hoxe volve os escenarios unha das bandas míticas de Fene. Santi, Pena, Franqui e Michel son Amadeus e despois dun largo periodo de tempo sen actuar xuntos baixo ese nome, agás algunha reunión esporádica con motivo do Fene Rock, volven a actividade nun concerto no Bar Tola.
Pero esta ocasión non será puntual, xa que teñen en mente seguir cos ensaios e a grabación dunha maqueta e a presentación en concertos do novo material.
Longa vida o Rocanrol
Categorías: Concertos | Sen comentarios »
Matachin (13-Marzo-2006)
Pearl Jam sacará novo disco despois de catro anos sen publicar novo material de estudio o vindeiro dous de maio, pero para ir abrindo boca ofrecen o single de adelanto World Wide Suicide de balde para todos os internautas, xa que o acaba de colgar no seu espacio en Myspace.com.
Para os que non o coñezades Myspace.com e un espazo libre onde os músicos poden colgar as súas creacións para darse a coñecer un amplísimo grupo de usuarios. Esta ferramenta estase facendo moi popular xa que permite que calquera, por pequeno que sexa, disfrute dunha difusión mundial, como exemplo dos seus frutos o novo hype que ven das illas, Artic Monkeys, comezou ahí.
Categorías: mp3 | Sen comentarios »
Matachin (9-Marzo-2006)
Inmerso de cheo na preparación da súa película Los Cronocrimenes unha historia de ciencia-ficción sen efectos especiais producida en gran parte polos mesmísimos irmáns Scott (Ridley e Tony) o que supón presuposto de dous millóns e medio de euros, Nacho Vigalondo ten tempo pra manter o seu blog activo (mais ou menos activo) e deixarnos un novo caramelo, La bolita onde manifesta a súa relación co Quicktime.
Podedes ver mais exercicio de cine na súa páxina web: moi recomendables.
Categorías: Cine | Sen comentarios »
Matachin (8-Marzo-2006)
Entérome tarde de que Lori Meyers deixou Houston Party, a discográfica onde sacou o seu material ate o de agora (2 EPs e dous LPs).
Ó parecer HP púxolle moitas pegas á hora de sacar o disco: que se a portada tiña que ser a que eles querían, que se o orde de cancións, que se LM non escoitaron o producto final ata dous meses despois … o que levou a un mal-rollo e que non se fixerá promoción a un disco aínda que a pesar de todo conseguiu que lle gustase o público e á crítica.
Por eso, discográfica e grupo decidiron separarse e a reedición sairá en La Incubadora coa diseñadora que eles tiñan decidido, 7 cancións máis (3 novas) e un video. Así que se tiñades previsto comprar este excelente disco, agardade un chisquiño que o novo de Lori Meyers está a punto de sair.
Categorías: Música | Sen comentarios »