A Pintega

3 Abril, 2006

Festa Nº 5 da Fonográfica General

Matachin (3-Abril-2006)

A quinta festa da Fonográfica General celebraráse este venres día 7 e esta vez en forma de festa dobre. Primeiro as 22:30 no Local Social San Carlos (en Esteiro, frente o pabellón) haberá as actuacións de Fuckin´ Funky e Comediante e despois en Code (Amboaxe) as 2:30 con actuacións de Supercablekis e Cable y Cera Extrema. Para máis información tedes máis datos e o cartel no blog da Fonográfica (máis atendido que a súa páxina).

Para os que non coñezades a Fonográfica é un grupo de xente que se dedica a organizar festas e co recaudado financian a edición de singles en vinilo dos seus grupos afiliados.

O máis curioso é que eu os coñecín a través de Francisco Nixon membro de Australian Blonde e La Costa Brava, que nun post do seu blog contaba o interesante da proposta e a súa intención de sacar a súa primeira referencia en single de vinilo con eles. Cal foi a miña sorpresa cando descubrín que o local onde facían as festas eran en Ferrol e que coñecía a varios dos artistas afiliados.

Unha proposta interesante para a triste escena local.

Categorías: Concertos | Sen comentarios »

A Píntega: Taberna Virtual is proudly powered by WordPress
Entries (RSS) and Comments (RSS).