A Pintega

6 Abril, 2006

The Homens – #2

Matachin (6-Abril-2006)

    Xa está aqui dende Santiago DC o novo de The Homens en forma de EP co seu power-pop en galego. Recomendable para os amantes das guitarras enerxéticas e boas melodías pop, na súa web vexo que pasearán as súas camisetas a raias por Galiza tocando o 5 de maio no Rekuncho (As Pontes) cos locais Bang 74. A ver se poido ir.

E xa postos a repartir música de balde, para os que non o sabíades fai algún tempo que tamén se pode baixar o último EP de Garzón Otra Fuerza que sacaran con Grabaciones en el Mar (tamén teñen video da canción que da título ó EP).

Os que buscades algo máis elegante sempre podedes volver a Solina, tamén con licencia Creative Commons.

¡Adiante Camaradas!

Categorías: Humor | Sen comentarios »

A Píntega: Taberna Virtual is proudly powered by WordPress
Entries (RSS) and Comments (RSS).