Ferpectamente 20 anos despois
Matachin (10-Abril-2006)
Con motivo da celebración do 20º aniversario da publicación do primeiro disco de Los Enemigos, a formación orixinal deste grupazo con Josele, Fino e Artemio (en realidade semi-orixinal, Fino entrou no Un Tio Cabal por Michi, pero chega) fará unha docena de actuacións por toda a peninsula cun repertorio baseado no Ferpectamente e as versións que facían en aqueles tempos.
Na mesma axencia encargada de levar os concertos (isto son puras conxeturas miñas) falan que o festival Cultura Quente celebrarase os dias 14 e 15 de Xulio e que contará con sorpresas, ¿podería ser este o concerto sorpresa?, tódolos yonkis galegos dos Enemigos estarían encantados.
Categorías: Concertos | Sen comentarios »