Son famoso
Matachin (21-Abril-2006)
Hoxe saio no periodico, polas follas do final hai un artigo sobre distribucion de música por internet das súas ventaxas e do que axudou a Artic Monkeys. Tamén poñen de exemplo de Fanny + Alexander, Garzón ou The Homens.
Comentan que The Homens retiraron de Myspace as súas cancións porque alguén lles advertiu dos posibles problemas que acarreaba.
Ben, FUN EU, eu fun que llo dixo, saio no periódico de unha forma indirecta pero ese é o meu estilo. Como cando non saín a Santigo xusto o día que lle sacan unha foto a panda cos pantalóns polos nocellos ou como cando me situei xusto detrás dunha mán que me tapaba só a mín e non os amigos que tiña o redor na foto do Santirock que puxeron na Voz.
Ese o meu estilo, xa tíven a miña dose de fama cando fixen de modelo no programa matinal Na Casa que presentaba Tete Delgado ou cando saíu o meu nome completo coa miña nota do selectivo no perodico. Intento manterme nun discreto segundo plano porque xa se sabe, unha vez que te fas unha persoa pública daslles pé os paparazzi para que mercadeen coa túa vida, e por ahí non paso.
Categorías: apintega.com | Sen comentarios »