OK Go – A Million Ways
Matachin (23-Abril-2006)
OK Go é unha banda de Chicago na liña do pop indie bailable (están producidos por Tore Johansson, responsable do sonido de Franz Ferdinand) e o ano pasado publicaron o seu novo disco Oh No. E coma carta presentación presentaron o video de A Million Ways onde saen os compoñentes do grupo executando unha complicada coreografía cunha precisión milimétrica.A banda afirma que o video non estaba pensado para mostrar o gran público. Está gravado na casa do cantante Damian Kulash e a coreografía é obra da irmá deste que se adica profesionalmente ó baile de salón. O video é o exemplo perfecto dun videoclip feito con pouco carto e moito inxenio ben empregado.
Categorías: Videoclip | Sen comentarios »