A Pintega

Maio, 2006

Novas coreografí­as de OK Go

Matachin (30-Maio-2006)

Se quedastedes abraiados polo A Million Ways (primeiro video do último album dos OK GO), aqui tedes unha nova aventura dos de Chicago. Despois dun segundo single cun video máis convencional volven en Here It Goes Again ás coreografías.

O novo video é o máis difícil todavía, xa que ademais da coreografía ten o engadido de facela sobre cintas andadoras. Seguro que este video volvelles a dar sona en internet.

[youtube pv5zWaTEVkI OK Go - Here it goes]

Asi que se tedes un grupo a que esperades, xa vedes que non necesariamente fan falta moitos medios. E Youtube fai o resto.

Categorías: Videoclip | Sen comentarios »

Aguantando o tirón

Matachin (29-Maio-2006)

Hoxe saiu a venda o segundo LP de La Excepción que leva por título Aguantando el Tirón, que é a súa primeira referencia en tres anos.

As produccións corren a cargo de Frank T e de Acción Sanchez de SFDK en no apartado de colaboracións está Josete, compañeiro da peñita de Al compás e o mítico MC Randy autor do primeiro (e case único) hit do hip-hop español Hey Pijo.

E a parte de estos non teño mais datos ata que escoite o disco, quizáis resaltar que o disco ten 21 cortes polo que se intúe un disco longo (o anterior xa rozaba os 80 minutos) e que tamén se intúe algo máis de contido social, como o Los niños a la escuela de Madrid hasta Pequin en Jambo Loco ou o feito de que unha das novas cancións se titule No a la tala.

Para ir abrindo boca podedes entrar en www.laexcepcion.net onde podedes ver o video de Jambo Loco o seu primeiro single (aínda que teñen uns menus embarulladísimos, mellor buscar en youtube) ou videos da grabación no estudio, onde podemos ver o mesmísomo Rellenito Makeijan

A ver se teñen sorte e se poden facer cun sitio nas radios, teñen un estilo moi fresco, son positivos e divertidos. Sen esquecer que teñen un setido da musicalidade e do ritmo impresionante ou que Gitano Antón ten nas súas letras un punto de abstracción que non soe formar parte das armas dos mcs nacionais.

PD: Os de El canto del Loco son fans da excepcion.

Categorías: Musica | Sen comentarios »

Machucos

Matachin (29-Maio-2006)

MachucosXa podedes baixar sen problemas todos os Machucos (forma normalizada para os mash-ups anglosaxóns) que se levan feito ate o de agora no programa Extraradio da Radio Galega.

Gracias a A Regueifa podedes disfrutar de misturas feitas con coñecidas cancións da música galega sobre éxitos internacionais, coma a enorme Xirarei on you (Madonna vs. Xil Ríos) ou Smell like sementeira (Nirvana vs. Fuxan os Ventos).

Disfrutadeo. Grabadeo. Pinchadeo no voso bar.

Categorías: mp3 | Sen comentarios »

El Ruido del Topo

Matachin (27-Maio-2006)

Para reactivar un pouco a escena local, dándolle proxección a artistas maqueteros galegos nace El Ruido del Topo, un proxecto de promoción da cultura hip-hop no seu sentido máis amplio. Para iso celebrase hoxe un concerto con artistas da comarca e outros de fora pero tamén galegos. O acto está principalmente organizado polo programa de radio Afrópolis e os artistas ferrolanos Puto Chino e Nalia.

O concerto será no CODE (baixo a praza de Amboage) as 21:00, e actuarán os seguintes grupos:

SOLEMNE (Vigo)
presentando El Golpe
LA GALERNA (A Coruña)
DJ TEDU Narón
Campeón DMC 2005 e ITF 2005
THREESTYLE (Ferrol)
Nalia
+ Pedrolo
+ Puto Chino presentando La Suerte Está Echada
AUKAN (Lugo)
presentando Overbooking

Desexamoslles sorte e esperamos que aparezan novas ofertas en todos os ambitos culturais e que todo o mundo poida disfrutar do que lle gusta sen que sempre se teña que desprazar a outras cidades.

Categorías: Concertos | Sen comentarios »

Desmond Dekker (1941-2006)

Matachin (26-Maio-2006)

Onte xoves, os 64 anos de idade, morreu Desmond Dekker víctima dun ataque cardíaco. Coñecido coma o Rei do ska, foi un dos heroes do Reggae mais recoñecidos e influentes dentro e fora de Xamaica (sen contar a Bob Marley) conseguindo éxitos internacionais con temas coma The Israelites que acadou postos no top 10 de UK e USA ou 007 (Shanty Town) o himno dos rude boys. Que descanse en paz.

E coma hoxe é venres, recordarémolo bailando con unha versión en directo do seu maior éxito de 1969, nunha actuación para a televisión anos despois:

[youtube 1e2aRfqp1sY Desmond Dekker]

Categorías: Videoclip | Sen comentarios »

A Píntega: Taberna Virtual is proudly powered by WordPress
Entries (RSS) and Comments (RSS).