Día do orgullo friki
Matachin (24-Maio-2006)
Mañá xoves día 25 de maio celébrase o día do orgullo friki. O día ideal para disfrazarse de elfo e/ou demostrar as nosas habilidades en linguaxe klingon.
Entre as festas e eventos previstos en todo o orbe para a celebración de tan insigne data está previsto que milleiros de blogs escriban un artigo de temática friki. Así que, dende a pintega, aportando o noso graíño de area, publicarase o artigo correspondente.
Así que, ata mañá, e que a forza vos acompañe!
Categorías: Para-Noia | Sen comentarios »

Comentarios