A Pintega

Pecha o Porrón de Santiago

Entérome vía Chuza! de que un dos míticos de Santiago D.C. (que digo, de toda Galiza) servirá o seu último porrón en setembro.

E é que O porrón pecha as súas portas despois de 70 anos debido a un longo proceso xudicial polo estado do edificio. A vivenda, de catro plantas, estaba deshabitada e apuntalada e aínda que a planta baixa que aloxa a tasca non estaba en malas condicións pechará as súas portas previsiblemente a finais do verán.

Dende a taberna apoiamos as vellas tabernas que desafían a tiranía das cafeterías de moda, coas súas mesas de cristal, ambiente distinguido e os 40 latino na televisión.

Aguantade un pouco, aínda quedamos nós por tomar a penúltima.

Esta entrada foi publicada o Venres 30 Xuño, 2006 ás 23:56 en Bares.

Podes seguir os comentarios a través do RSS 2.0 da noticia.

Tamén podes deixar un comentario, ou trackback dende a túa web.

Deixa un comentario

Your email address will not be published. Required fields are marked *

*

You may use these HTML tags and attributes: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

A Píntega: Taberna Virtual is proudly powered by WordPress
Entries (RSS) and Comments (RSS).