Radio Taraská
Matachin (2-July-2006)
Onte empezaron as emisións de Radio Taraská o programa en formato podcast (en vez de ser pola radio, pódese descargar de internet e escoitarse no momento que se quera) conducido por Langui de La Excepción que estará dispoñible todos os sábados dende a súa páxina web.
No programa colaboran La Dako Style (dj de La Excepción) ou Rellenito Mackeinjan, e no primeiro programa poidemos escoitar tema de Average White Band, Los Delinqüentes, Onyx ou Cypress Hill. Amén dun tema de La Excepción.
A ver se eles non teñen problemas coa $GAE, que últimamente estanse a poñer un pouco tensos co tema internet.
E xa que falamos de hip-hop podedes descargar a Griffi e DJ 2d2 no Sonar 2006, Chacho Brodas en acción ou o que é o mesmo, o escalón máis alto dos DJs patrios.
Categorías: Internet, Música | Sen comentarios »