Xullo, 2007
Matachin (27-Xullo-2007)
Hoxe empeza o maratón de Fene de futbol sala e como fai pouco que vin os Asian Dub Foundation que menos que poñer o seu video futboleiro:
[youtube KQsdfnbOevM ADF - Real Great Britain]
Categorías: Música | Sen comentarios »
Matachin (24-Xullo-2007)

Hoxe é un bo día para facer dúas cousas: ver música en directo e ir á disco co mellor nome do mundo (seguido de preto por PK2 e BB+).
O dito, Quant e La Espiral (AKA o grupo anteriormente coñecido como Perros de Paja) na disco TK en Xubia.
Categorías: Concertos | Sen comentarios »
Matachin (22-Xullo-2007)
Non moveu moita xente o concerto do venres na praza do concello, aínda así os grupos puxérono todo da súa parte que que a festa non decaera.
O concerto empezou con Motor Perkins, un grandísimo descubrimento, a verdade non é normal que os puxeran no primeiro lugar tendo en conta a festa que teñen e que despois de eles o ritmo foi baixando. Unha mistura de folk e punk con aires irlandeses nun concerto a base versións de Flogging Molly ou The Pogues cantadas en galego e composicións propias que serían ideais para un concerto mais concorrido (non me que imaxinar a que podian montar estes na Fraga). Merqueille a maqueta e seguro que dará moitas voltas no remeu coche.
De Ith non teño moito que dicir, MP deixara o listón moi alto e o seu rock clásico non calou moito en nós, nin no resto da xente e a pouca xente que habia empezou a desfilar a outros sitios. Asi que cando empezou o concerto de Ataque Escampe só quedabamos catro gatos (ou quince) non axudou que AE non teñan batería e houbo xente que pensou que xa acabara todo ó ver como a desmontaban. Pero a súa orixinal proposta gustou: boas letras, cantante hiperactivo e versións do Blister in the sun dos Violent Femmes e o I will turn de Xil Ríos. A estes tamén me quedaron gañas de velos mais veces, mellor nun bar.
Asi están as cousas, dous bos descubrimentos e moi mala nota para o público de Fene, é ben certo que non eran moi coñecidos pero a xente debería ter un pouco de curiosidade polas cousas que se organizan no concello, a ver se no concerto que traerá a The Homens, Samesugas e A. Ferreiro hai mais participación. Para empezar non coincide con ningún concerto das festas de Ferrol como pensaba nun princípio. Xa se verá.
Categorías: Concertos, Fene | 5 Comentarios »
Matachin (20-Xullo-2007)
Baixo nome de Rock no Camiño Inglés soarán hoxe na praza do concello de Fene o rock montañés de Ith, o rock de serie b de Ataque Escampe e o rock con aires celtas (o paddy punk dos Pogues ou Floggin Molly) de Motor Perkins.
A Ith non os coñezo pero dise por ahi que se parecen os primeiros Suaves, Ataque Escampe teño gaña de velos por que gustoume o seu disco (de libre descarga na Regueifa) e teño entendido que fan versións de Violent Femmes, Los Enemigos ou os Stones cousa que sube o caché. E polo que oín no myspace de Motor Perkins teñen música para unha boa festa así que tamén hai que velos.
Y no se me vallan todavía que aún hay más, en Casa Ardá seguen coa xeira de concertos de verán hoxe co power-pop de Ian.
Para que logo digan en Fene non hai oferta.
Categorías: Concertos, Fene | Sen comentarios »
Matachin (10-Xullo-2007)
Segundo entendo do post en Flogoferoz parece ser que por fín arrancan The Homens para Sant Feliu de Guíxols a gravar o seu primeiro disco (despois de dous EPs) que xa esperamos dende hai tempo.
A gravación será nos estudios Ultramarinos Costa Brava de Santi García por onde xa pasaron Nueva Vulcano, Sibyl Vane ou Los Carradines.
Supoño que aínda non estarán os discos ero si que poderemos escoitar as cancións no Vai de camiño! en Fene xunto con Samesugas e Amaro Ferreiro.
¡Sorte coa gravación!
Categorías: Música | Sen comentarios »
Matachin (6-Xullo-2007)
Para este venres, vispera de San Fermín, pensei en poñer a canción de Pablo Carbonell (que está moi ben) pensei que mellor un grupo pamplonica tocando na sua cidade unha canción que fala da sua cidade, de San Fermín e da festa.
[youtube xdyLdTC9xj4 Skalariak - Jaia]
Quen me dera ir a San Fermín e ver a Skalariak montandoa na rúa…
Categorías: Festas, Música | Sen comentarios »
Matachin (6-Xullo-2007)
Para todos aqueles que non lle guste o hip-hop e sobre todo para aqueles os que lle guste teño unha boa recomendación que facerles. O documental Dave Chapelle’s Block Party conta de como o cómico americano organizou unha festa nun barrio de Brooklyn para todos os seus veciños.
Chapelle é un tipo con contactos e para a ocasión foi capaz de xuntar nun concerto o mais granado do hip-hop na súa versión mais concienciada e espiritual reunindo a xente coma Common, Mos Def e Talib Kweli, The Roots, Erykah Badu, Kanye West, Dead Prez ou Jill Scott. Mesmo puido contar, xa que a discográfica non deixaba participar a Lauryn Hill coas suas cancións en solitario, coa reunión dos Fugees o completo para esta actuación única. E como non lle valía calquera a dirección corre por conta de Michel Grondy, case nada.
Todo esto fronte un público entregado e cunha banda que servía de base para os fraseos destes mostros facendo as súas canción mais grandes aínda.
Así que non vos fagades de rogar de conseguide este DVD ben nunha tenda ou que volo preste un amigo no bittorrent por que de verdade que merece a pena botarlle unha ollada
Categorías: Cine, Música | Sen comentarios »