Remember ODB
Matachin (3-Agosto-2007)
Agora que xa circula pola rede o trailer do documental sobre a vida de Ol’ Dirty Bastard feito polo seu irmán coa colaboración de Tarantino e todo o clan, que mellor que poñer un video de venres moi funky onde ODB teña protagonismo.
O video é de Masta Killa pero a parte do riff superfunk o mello é ODB pedindo unha hamburguesa: I want two beef patties, special sauce, onions, tomatoes, Lettuce, on a sesame seed bun…
on a a sesame seed bun, you big dummy! XENIAL!!
[youtube UQw-IVxf2PI]
Hoxe Rosendo na Praza de Armas inaugurando as festas de Ferrol e mañá temos festa da Fonográfica General, apuntádevos!!
Categorías: Música, Videoclip | Sen comentarios »