Galicia vai de festivais
Matachin (9-Agosto-2007)
Esta fin de semana Galicia enchese de festivais de aire pop. Empezando polo Felipop, que hoxe ten a súa festa de presentación co Combo Dinamo e que traerá o venres e sábado os grupos dos que falamos no post anterior, pero non acaba aquí a cousa.
Mañá en Viveiro o Viveipop trae a Los Planetas cousa que pode facer que moitos popies emigren a terras luguesas para ver o novo rollo flamenco dun dos iconos do indie pop español, ¿pero é esta a única opción? Nin de lonxe por que mañá venres On the rocks celebra unha festa con The Homens ou o moi interesante directo de Projecto Mourente e mais djs coma a galega Eme que pincha no Low madrileño para continuar a festa.
Pero se falamos de indie galego a palma lévaa o ARTENATIVA de Valga no que tocará o mais granado do novo pop galego que como ben lín por ahí o festival pode chegar a converterse perfectamente un Contenpopranea autóctono.
E digo eu, ¿haberá tanta demanda para tanto festival?, ¿que pasa con eses días cando non temos ningunha opción de festa? o mais posible e que sexa unha desafortunada coincidencia, o que está claro e que se esta finde quedas na casa es un TRISTE.
PD: E para colmo mañá en Fene temos un concerto de rock e nas festas de Ferrol Muchachito e Banda Bassotti entre hoxe e mañá, ós que eu persoalmente tamén iría pero a miña axenda non da para mais.
Categorías: Concertos | Sen comentarios »