A Pintega

16 Agosto, 2007

Versión do “Under the Bridge” feita por cantareiras

Matachin (16-Agosto-2007)

Atopo en chuza! un video do grupo de cantareiras residentes en Bruxelas Ialma, facendo unha impresionante versión do Under de Bridge dos Red hot Chili Peppers, demostrando que unha boa canción soporta perfectamente os cambios de estilo:

[youtube Non-iz8ypCQ]

A canción está no seu disco a podedes escoitar na sua web oficial ou no seu myspace.

Categorías: Videoclip | 1 Comentario »

Non vos esquezades que temos concerto o sábado

Matachin (16-Agosto-2007)

Esta sábado na praza do concello hai concerto con Amaro Ferreiro, Samesugas e The Homens, esperemos que teña mais xente que no último, e seguro que si: Amaro Ferreiro atraerá a todos os fans de Ivan Ferreiro, que a súa vez eran fans de Los Piratas e en Fene hai bastantes.

Samesugas traerá rocanrol de alto voltaxe pero os que mais gana teño de ver son a The Homens, que veñen de gravar disco con Santi Garcia onde soe grabar a xente de BCore e fenómenos como Los Carradine (ata tiveron a oportunidade de oir o novo single de Nueva Vulcano recén masterizado).

O disco estará pronto asi que non lles perdades a pistas, mentres a velos en directo ou baixar os seus EPs dende thehomens.com.

Categorías: Concertos | Sen comentarios »

A Píntega: Taberna Virtual is proudly powered by WordPress
Entries (RSS) and Comments (RSS).