A Pintega

Setembro, 2007

Hoxe non vai poder ser

Matachin (28-Setembro-2007)

Parece ser que o bicho que me tumbou na cama para impedirme ir ó Fervesteiro continúa a facerme mal e esta vez en forma de dor de oído impedirame ir hoxe ó concerto de Nueva Vulcano en El Teatro na Coruña.

Os que esteades preto non deberíades perder a este pedazo de grupo, que teñen as miñas letras favoritas do momento e son causantes de que as cante a todo pulmón no coche (coa correspondente cara de flipe alleo).

Ademais grupo + telonero por 8 euriños .

[myspace 806804]

Supoño que tereime que contentar co video.

Merda, agora teño fame.

Categorías: Concertos | Sen comentarios »

A portada de Tres

Matachin (26-Setembro-2007)

Anuncio Tres

Xa queda menos para a saída do disco, e a xente anda revolucionada. Que si hai que darse presa que se acaban, que se hai que chamalos para reservar por se acaso.

Non sei de canto será a tirada de vinilos, pero non creo que os que o queren queden sen el. Ou si, estaremos prestos.

Categorías: Música | 2 Comentarios »

Soy aparejador

Matachin (26-Setembro-2007)

Poño este video como recordatorio de que hoxe dan Muchachada Nui en La 2. Que sen non o víchedes a semana pasada estades perdendo un programa fundamental na televisión mundial do século XXI.

Hoxe hai que xuntar a toda a familia e facelos participes do momento, como mostra un botón.

[youtube DQg5WAxIfSc Muchachada Nui - Aparejador]

Este video aparte de ser do mellor do programa da semana pasada (contando co: Todo lo que sea beber …, picar piedra bueno, pero beber … de Paquirrín) sirva de homenaxe para os aguerrido estudantes de Arquitectura Técnica, Delineantes e calcadores en xeral.

Categorías: TV | Sen comentarios »

Música nas series

Matachin (26-Setembro-2007)

Acaba de rematar a serie Cuestión de Sexo en cuatro e a dicir verdade non vin o capítulo completo pero vin o principio e o final o que chegou para recoñecer dúas cancións. Primeiro escoitei o Young Folks de Peter, Bjorn and John ó principio do capítulo cousa que estivo ben ainda que ultimamente a canción está ata na sopa, pero sorprendeume o final.

Cambiei outra vez a cuatro cando a serie estaba rematando e escoito de fondo o Rainbows of Colors de The Sunday Drivers, cousa que si que me sorprendeu gratamente. En outra ocasión xa falamos de que Mushroom Pillow soara en SMS da Sexta, con cancións de Deluxe e Da, e parece que o volveron a facer.

A ver se continúa a racha e se animan a poñer mais música, que por certo ¿por qué nunca poñen música en castelán? ¿e que en inglés non distrae do argumento? ¿como fan en EEUU ou UK?

Categorías: Música, TV | Sen comentarios »

Muchachada!!

Matachin (19-Setembro-2007)

La Hora Chanante

Hoxe é o día, por fín volve La Hora Chanante reconvertida en Muchachada Nui. A revolución humoristica que convertiu en heredeira dos Comoooorl e tedaquin expresións como GAÑAAAAAAAAN ou Vicentiin que te vas a matar!

Terá mais presuposto e continuan o equipo central ó completo, aínda que como di Vigalondo seguro que hai moito sindrome de portero de discoteca, ou sexa que seguro que hai garrulos que o critican de primeiras pero seguira sendo xenial. A miña nota: puta mierda

O seu formato será de media hora semanal, espero que sexan eles os que recuperen este formato despreciado en toda España: os progamas semanais deben ser de unha hora minima e vaise estirando segundo triunfe (cantas series de hora e media por capítulo, buff).

E se se collen series extranxeiras duas saídas, ou poñer varios capítulos seguidos ou converter unha serie semanal en diaria.

Outra petición, series na Galega coma na BBC: tempadas de 6 capítulos e se non funciona a outra cousa.

Categorías: TV | 4 Comentarios »

Fervesteiro 2007

Matachin (18-Setembro-2007)

Xa se coñece o Programa do 5º Fervesteiro, tanto dos concertos como das actividades paralelas (documentais e charlas).

Do cartel destacar a Som do Galom (dos que xa falamos) e que por fín vou a ver a Malandromeda (e a ver se traen copias e lles merco o EP) , despois bo rocanrol e funk tanto o venres coma o sábado.

Prometen continuar a festa con pinchada posterior e que non se teña medo da choiva porque será cuberto, así que parece ser que este finde saímos a Ferrol.

Fervesteiro en Last.fm

Categorías: Concertos | Sen comentarios »

¿Quen son Zodiac Mindwarp?

Matachin (14-Setembro-2007)

Para aqueles que non os coñecen, son uns dos exponentes do sleazy, hair metal que reinou nos oitenta. Velai vai un video, que demostra que o dominio do rock e os lasers non é exclusivo de The Darkness.

[youtube mtnCcWOS7y8]

E mañá van patear cús en San Valentín.

Categorías: Videoclip | 1 Comentario »

A Píntega: Taberna Virtual is proudly powered by WordPress
Entries (RSS) and Comments (RSS).