A Pintega

27 October, 2007

Novidades en música Creative Commons

Matachin (27-October-2007)

Por unha banda A Regueifa Plataforma presentou dúas novidades no seu catalogo: Dende Vigo, The Bronxton Project son un combo de funk con cancións que van dende as mais jazzies a outras mais rock. E dende Limodre Rogelio decide ofrecer as súas canción como Roger de Flor para a súa libre descarga.

Grande-MarlaskaE fora de Galicia, boas noticias de Grande-Marlaska (anteriormente Garzón) que anuncian a saída do seu primeiro LP El momento de hacer o próximo 5 de Novembro, pero xa se pode escoitar enteiro no Myspace de Grand-Marlaska. Impresionante pop punk ó xeito dos grandes Violent Femmes, Los Carradine, etc … con intencion de ter un punto reivindicativo e político do que eles dín non hai moitos exemplos no pop español .

Ademais seguen unha senda similar ós nosos Homens, formados no 2004 dúas demos/EPs, un longa duración no outono do 2007, unha innegociable aposta polo copyleft, … cando haia cartos dabondo pra un festipintega estes veñen de cabeza.

Categorías: mp3 | 2 Comentarios »

A Píntega: Taberna Virtual is proudly powered by WordPress
Entries (RSS) and Comments (RSS).