A Pintega

Feliz aniversario fonográfico

La Fonográfica GeneralA Fonográfica General celebra hoxe o seu segundo aniversario de vida, dous anos facendo festas para pagar singles de vinilo dos grupos que tocan nesas festas. Así de sinxelo e asi de fantástico.

Empezaron en Ferrol e agora xa se estendeu a fórmula a Madrid, Gijón, Marbella … e estenderase moito mais.

Encantame a fórmula pero a causa unha especie de estrana maldición cósmica nunca podo facer acto de presencia (so fumos a unha festa de disfraces), hoxe mesmo non podo asistir por celebrarse tamén a cea anual da liga de chave cea para a que levamos aportando cartos toda a liga e que a parte da comida estará amenizada por Los Zares.

Pero aínda que eu non asista, hoxe tocarán Los Huéspedes Felices e Quant, que presentarán/regalarán o seu single con unha portada moi bonita e que contén unha versión regrabada de Margot Tenenbaum (a miña favorita) e Algo nuevo (a súa primeira canción en castelán), podedelas baixa xunto co resto da súa discografía en Quant mp3.

A ver se podo conseguir o single por outro sitio e a ver se a próxima vez non teño compromisos previos e vou á festa.

Evento en last.fm: 2º Aniversario Fonográfica General

Mais información sobre: ,

Esta entrada foi publicada o Wednesday 31 October, 2007 ás 8:00 am en Concertos.

Podes seguir os comentarios a través do RSS 2.0 da noticia.

Tamén podes deixar un comentario, ou trackback dende a túa web.

Deixa un comentario

XHTML: Podes usar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

A Píntega: Taberna Virtual is proudly powered by WordPress
Entries (RSS) and Comments (RSS).