A Pintega

November, 2007

Dengue Fever - Sni bong

Matachin (30-November-2007)


Hoxe non sabía que video poñer, pero outra vez mais dende Epic-Fu (o meu videoblog favorito mundial) descubrenme un grupo novo Dengue Fever que son un grupo de California con cantante cambodiana que saben misturar moi ben o oriental coa psicodelia e o pop.  Ó parecer meteron cancións súas en Pulp Fiction ou en pelis de James Bond.

A que molan!  a vos que vos parecen?

Categorías: Videoclip | 1 Comentario »

Os amigos de Xoel

Matachin (29-November-2007)

Deluxe + BudiñoQue teña a Juan de Dios e a Loza na banda ten un pase. Pero que suban con el ó escenario Budiño, Julián Lopez (que marcha me llevas!) e Josele Santiago xa é pasarse.

Cando eu teña unha banda vou subir con Faemino e Cansado, Kase.O, Vigalondo, Flavio Cianciarulo, …

Categorías: Concertos | Sen comentarios »

Non vale molinillo!!

Matachin (28-November-2007)

Futbolin con taladros

Mais fotos curiosas en pizdaus.com

Categorías: Humor | 2 Comentarios »

Triangulo de Amor Bizarro no Manchita

Matachin (26-November-2007)

bizarro, rra

(De it. bizzarro, iracundo).

  1. adj. valiente (‖esforzado).
  2. adj. Generoso, lucido, espléndido.

Asi soaron Triangulo de Amor Bizarro o sábado no Manchita, xa os viramos en Vilagarcia pero e que o son non tivo comparación. Cambiaron o volume por potencia sonora e as canción gañaron moitísimo.

TAB en Manchita cosa

Se o público estivese un pouco mais participativo e non tan estático sería un concerto memorable, pero deu igual, paseino coma un anano.

A anécdota: como mostra do en familia que se estaba no Manchita TAB empezaron tres veces Isa vs el Partido humanista e a terceira entre risas Isa comenta: Es que empezábamos cada uno una canción distinta. Que volvan, que serán ben recibidos.

A foto mangueilla a Ruben do seu fotolog, as reclamacións nos comentarios.

Categorías: Concertos | 3 Comentarios »

Aniversario do Manchita Cosa

Matachin (24-November-2007)

Hoxe pola noite o Manchita Cosa celebra estar catro anos seguidos poñendo copas e música na rúa Magdalena de Ferrol.

E para a festa traeron a Triangulo de Amor Bizarro e a FRANC3S, grupo de Carballo que se move en similares ambientes ruidosos dos coruñese, TAB fai pouco presentou un novo disco a base de cancións inéditas da gravación do seu álbum debut e as maquetas das canción que si entraron.

Felicidades e a ver se nos pasamos por alí.

Categorías: Concertos | Sen comentarios »

Manos de Topo - El cartero

Matachin (23-November-2007)


Manos de Topo son un grupo xestado en Barcelona, a base de dous cataláns e dous vigueses, con unhas letras surrealistas e unha peculiar forma de utilizar a voz que recorda a El Niño Gusano. Se ven é certo que estes últimos eran mais pop de psicodelia e MdT tiran mais pola banda do cantautor.

E para presentar o seu disco fixeron un video moi ben rematado, que conta unha historia mistura entre conspiración e típico conto de amor e celos, que como outra canción do disco, fai referencia o asasinato de JFK. Moi recomendable.

Certamente un grupo curioso e proximamente pasarán por Coruña e Vigo, así que poderemos ver como van en directo.

PD: Manos de Topo = Jands Topo?

Categorías: Videoclip | 1 Comentario »

La Revolución Sexual

Matachin (16-November-2007)


Fora máscaras, Guille Milkyway da a cara por primeira vez nun video, nunha das mellores cancións do seu novo disco.

A ver cando toca pedido a Elefant Records e conseguimos o disco nun elegante vinilo branco.

Categorías: Videoclip | 1 Comentario »

A Píntega: Taberna Virtual is proudly powered by WordPress
Entries (RSS) and Comments (RSS).