Decembro, 2007
Matachin (28-Decembro-2007)
[youtube TMBU80BwEss O chiste do baixista]
Como todos os venres hoxe toca videoclip e para a ocasión un exemplo de spokenword habitual nos concertos de The Homens.
Cando teña todo o material do concerto subireinos aquí, hai mais fotos e videos (con canción).
Categorías: Humor | 2 Comentarios »
Matachin (27-Decembro-2007)
[youtube mYp6T54r8ZI]
Hoxe, no dia que Galiza se enfronta Camerún, haberá moito traidor que asista o partido cunha bandeira espanholista.
A verdadeira bandeira galega non merece levar unha estrela …
Categorías: Humor | Sen comentarios »
Matachin (23-Decembro-2007)

Este é o cartel do Treme a Terra de este ano e parece que este ano tamén repetimos, o cartel é atractivo.
Dos coñecidos por nós o hip-hop con instrumentación real de Som do Galpom e o paddy punk de Motor Perkins xa aseguraban a nosa presencia. E dos que aínda non vimos: o folk do século XXI de bOnOvO (co fenés Roberto Grandal nas súas filas) e a rumba catalana de La Pegatina completan o cartel.
Eu xa me apuntei, e tí?
Categorías: Concertos | Sen comentarios »
Matachin (21-Decembro-2007)
[myspace 22496848 El crimen: Como ocurre y como remediarlo]
Hoxe que na maioría das empresas se celebra a súa cea, os taberneiros declarámonos insumisos e empezamos a nosas festas de fin de ano cunha viaxe á Coruña para concerto e posterior rachí pola cidade.
Emigramos para ver no Mardi Gras a Triangulo de Amor Bizarro e Los Iribarnes, que parece a priori un moitísimo mellor plan de festa que reirlle as grazas o xefe e mais despois da boa impresion que nos causaron TAB no aniversario do Manchita.
E dos Iribarnes que dicir: que temos moitas gañas de velos, que vimos a parte do grupo como a mutación Jimenez del Oso e nos gustaron moito, hoxe será o día de comprobalo.
Categorías: Concertos, Videoclip | Sen comentarios »
Matachin (17-Decembro-2007)
Gracias a Chuza! entérome de que de que Tony Lomba & Elio dos Santos volven este nadal para regalarnos o himno bandera , bandera fiel reflexo do panorama nacional. Podedes escoitala en myspace.com/sudamaricones
PD: En canto o teña, material audiovisual do concerto de The Homens en Ferrol o poño aquí.
Categorías: Humor, Música | 4 Comentarios »
Matachin (15-Decembro-2007)

Hoxe pola noite toca The Homens no Run Rum e por descontado que ali nos veremos todos, iso si o mediodía temos mariscada+chuletón no Mundial amén de café e chupitos. E as nove As Píntegas xogan en Caranza así que vou ter que apurar para non perderme os primeiros compases (xa me amolaría que hoxe os concertos empezasen á hora).
Despois Maxipelo paseará o seus vinilos pola cabina do Run Rum o que me deixa en bandexa unha ocasíon tan boa coma calquera outra para ligar un video dos Beastie Boys: Three Mcs and one DJ.
Categorías: Concertos | 1 Comentario »
Matachin (14-Decembro-2007)
[youtube al1m8Zbgq5g Ike & Tina Turner - River deep Mountain High]
Non lembro ben como foi. Fai un tempo un lider político dixo que era fan de Silvio Rodriguez pero que despois de oirlle unhas declaracións, creo que sobre a situación cubana, decidira tirar todos os seus discos. Hai xente para todo.
Ike Turner era un mal bicho, como moitos outros mitos, pero descubreu a Tina Turner e a súa marca coma productor quedará para sempre no mundo da música.
Categorías: Videoclip | 1 Comentario »