Primeira victoria da tempada
Matachin (14-Xaneiro-2008)
Parece mentira pero despois de case que unha volta as Píntegas de Futbol Sala (Madefer/Tívoli) acadaron a súa primeira victoria na presente tempada por dous goles a cero contra o Font Vella.
Se é ben certo que o partido era contra os últimos clasificados non foi un partido doado, ós poucos de marcar o primeiro gol unha entrada lesionou a Kiko que xa non puido volver o campo, despois caería Ruben e iso sumado a que algún outro volvía tocado á competición fixo que a tensión se mantivera ate o final do partido cando Justo marcou un gole a poucos segundos do final.
Resumindo, partido bronco e tres puntiños para o saco. Se ven os próximos partidos contra o Tuimil e o Muñiz enfrontaraos a equipos de mellor nivel, este partido foi un respiro para os que pensaban que este equipo era incapaz de gañar.
Categorías: Pintegas | Sen comentarios »
Comentarios