Acabamos xa cos videos do concerto de The Homens na Run Rum e deixamos o tema da nécora que xa cheira (JA, xa cheira!) co video onde apareceu a nécora, xa nin me lembraba que fora NO MEDIO dunha canción.
E de propina outro video mais:
Mais información sobre: The Homens
Esta entrada foi publicada o Tuesday 15 January, 2008 ás 8:30 am en Concertos, Videoclip.
Podes seguir os comentarios a través do RSS 2.0 da noticia.
Tamén podes deixar un comentario, ou trackback dende a túa web.
16 January, 2008 ás 2:52 am
Este é, sen dúbida, un dos momentos máis grandes da nosa carreira deportiva (se non o máis grande, o máis intensamente poético)
Na historia do rock’n'roll están ben documentadas as anécdotas de grupos que son agasallados con obxectos de todo tipo; roupa interior, tomates, pedras de haxís, claveis, incluso litronas, pero, unha nécora?. Para un grupo vencellado ó gastropop coma nós, que lle lanzen unha nécora no medio dun tema é o fito total, o paroxismo do recoñecemento.
Mil millóns de gracias
16 January, 2008 ás 11:35 am
E o bo é que está ben documentada (iso non lle pasou a Ozzy), unha historia mais que contarlle ós netos.
Para o próximo concerto avisade con tempo e facemos menú
17 January, 2008 ás 12:53 pm
Tampouco facía falta que documentásedes tanto a miña calvicie, capullos. :p
17 January, 2008 ás 1:27 pm
Se queres que pase desapercibida debería evitar comentarios dese tipo, seguro que agora a xente volve a ver o video so para fixarse niso