A Pintega

24 Xaneiro, 2008

Ese interruptor …

Matachin (24-Xaneiro-2008)

Jesus Interruptor

De peloton69 a alt1040 e tiro por que me toca.

Categorías: Humor | 1 Comentario »

Last.fm pagará directamente os artistas

Matachin (24-Xaneiro-2008)

Last.fm logoLast.fm cambia o seu modelo de negocio. O novo sistema, que está a proba non EEUU, Reino Unido e Alemaña consistirá en que as cancións poderanse escoitar tres veces de balde e despois aparecera una opción de subscripción co que poderás seguir escoitando música.

De acordo as escoitas que teña cada canción pagarase unha cantidade ó artista.

De primeiras chegou a un acordo con EMI, Sony BMG, Universal y Warner, as catro grandes discográficas que son donas de moitas discográficas subsidiarias pero ademais pretende chegar a acordos puntuais con artistas independentes.

A mín coma “usuario duro” de last.fm so me veñen a cabeza preguntas:

  • ¿O límite de tres cancións será tamén aplicable as radios?
  • ¿Os acordos puntuais con artistas independentes serán iso … puntuais?
  • ¿Se pagan por cada canción que se escoita, non empezará a haber moitos trucos para que as cancións sexan mais escoitadas como poñer as túas cancións TODOS os tags mais utilizados para aparecer en todas as radios?
  • ¿Axudará algo ós artistas pequenos? ¿ou so os grandes?
  • ¿enrarecerase o clima de comunidade que ten last.fm?

Polo menos os pagos faranse con cálculos exhaustivos e non coma a SGAE que cobra e paga “a ollo”.

Categorías: Internet, Música | Sen comentarios »

A Píntega: Taberna Virtual is proudly powered by WordPress
Entries (RSS) and Comments (RSS).