A Pintega

31 January, 2008

3 Concertos en Ferrol esta fin de semana

Matachin (31-January-2008)

Esta fin de semana en Ferrol hai oferta musical para todos os gustos, xa que a falta de un hai tres concertos os que asistir.

Primeiro para o venres no Carteles con Suiss, Julian Ross e Diadermin, con estilos que van dende o rock ó electropop polo que haberá música para todos os gustos (a ver se vamos e de paso vemos o bar).

Tamén no venres estará Santi Campillo en Búfalo, o que fora guitarrista e fundador de M-Clan e que fora botado con malos modos do grupo e despois de vir a San Valentín cos Lunáticos volve co seu propio grupo para facer versións do rock clásico dos 70. Rock en estado puro.

E para o sábado Miki Nervio & The Bluesmakers na Run Rum co seu blues rural, comentar tamén que a Run Rum debe entrar na Rede Galega de Música ó Vivo polo que moitos grupos pasarán por Ferrol, o que é unha moi boa nova.

Elexide ben e non vos quededes na casa!

Categorías: Concertos | Sen comentarios »

A Píntega: Taberna Virtual is proudly powered by WordPress
Entries (RSS) and Comments (RSS).