A Pintega

Febreiro, 2008

The Go! Team – Doing It Right

Jans_topo (29-Febreiro-2008)

O nome do post vai por cortesía de Matachín :P (xa estamos cos chisteciños privados…), o video: The Go! Team – Doing It Right.

Categorías: Videoclip | Sen comentarios »

The Homens + Boy Elliott & TPB en DZine

Matachin (28-Febreiro-2008)

Esta fin de semana podería haber una plan interesante, como por exemplo o concerto de The Homens + Boy Elliot & The Plastic Bags en DZine que aínda que pechou con bar continúa a ter actividade coma asociación cultural. Despois do concerto pichada a cargo de La Cooperativa, polo que a cousa gaña en interés.

The Homens +Boy Elliott & TPB en DZine

O sábado xogamos en Ares, así que deberíamos darnos presa, San Sadurniño queda un pouco lonxe, e algunha vez eso tirounos para atrás (aínda nos arepentimos agora de non ir a ver a Sorkun) pero tendo en conta que ó único/último concerto que fun ó DZine foi ó dos Petersellers, non hai moito mais que dicir.

Por certo, seguimos sorteando unha camiseta, e podedes participar.

Categorías: Concertos | 1 Comentario »

Galicia es una mierda

Matachin (27-Febreiro-2008)

Galicia es una mierda

Despois de moita espera, Ataque Escampe presenta o seu primeiro longa duración que leva por título “Galicia es una mierda” despois de escoller o título nunha votación popular ó estilo mais eurovisivo. O disco pode ser descargada en A Regueifa plataforma e proximamente poderá ser mercado en formato físico.

Moita mala baba, moito mais kazoo e moita mais Galiza.

Podería facer unha análise exhaustiva pero eles mesmos comentan as 13 cancións no seu myspace, para empezar os puntos álxidos elexidos con unha poucas escoitas: Akira Toriyama, A banda desenhada, Serafín, Quero ser o malo da película, Galicia es una mierda, …

Por regra xeral quedanlle mellor as canción canta mais rabia amosan aínda que as cancións mais tranquilas non se quedan curtas en intención, mellor escoitadeo e xulgade por vós mesmo. Moi recomendable.

PD: A Regueifa tamén sacou fai uns días o EP de Vale Tudo, e tamén deberíadeslle votar unha escoitada.

Categorías: mp3 | Sen comentarios »

Sorteamos unha camiseta

Matachin (25-Febreiro-2008)

Arriba Pintega!!

Ese sábado que pasou comezou a liga dos Amigos da Chave de Ferrolterra, competición onde a SD As Píntegas conta con dous equipos na súa segunda división.

E como estamos tan ilusionados co inicio da competición queremos facervos participes e sorteamos unha camiseta entre todos os que poñan un grito de animo ás Píntegas nos comentarios de esta entrada. Os gañadores coñeceranse a semana que ven.

Temos de varias tallas e modelo de home e entalladiño para as mulleres, se queredes mercar unha as temos por 7€. Tamén temos chapas.

Categorías: Pintegas | 8 Comentarios »

Disco de Atmosphere gratis

Matachin (24-Febreiro-2008)

Para este domingo traiovos un disco para que o poidades descargar de balde, Atmosphere son un grupo con nome dentro do hip-hop underground nos EEUU e nestas navidades puxeron na súa web un disco coma regalo para todos os seus fans Stricktly Leakage.

O disco e menos oscuro que os seus outros albums e moito mais funky gracias o uso dos sampleos funk e ventos soul que lle da un ambente moi festivo.

Descubrino en Free Albums Galore, un blog onde poñen enlaces a albums para a súa libre descarga (xa veña con licencia Creative Commons ou non) e que todos deberíades ter no voso lector de rss.

Categorías: mp3 | Sen comentarios »

A Píntega: Taberna Virtual is proudly powered by WordPress
Entries (RSS) and Comments (RSS).