Xa que hai que publicar porque Matachín está en plan führer, que nunca falamos aquí de espoiler, e que, qué carallo, porque o tema o merece sobradamente por sí mesmo, hoxe falamos de… COINMAN.
Pero vaiamos por partes. Espoiler, para os que non o coñezades xa, é un blog de Hernán Casciari que, entre outras utilidades, sirve para seleccionar material televisivo de calidade e instrue sobre cómo conseguilo, pero, sobre todo, axuda, sen facer apoloxismos, sobre unha nova forma de desfrutar de material audiovisual de toda pelaxe nestes tempos internauticos que corren.
E como excelente exemplo dun cambio de actitude e dunha excelente selección de material (pedazo descubrimento supuxo para min) o do seu último artigo:
Dito queda, non vos perdades espoiler e non vos perdades o resto dos vídeos de Coinman. Se sabedes o que vos conven…
Esta entrada foi publicada o Sunday 2 March, 2008 ás 8:31 am en Humor.
Podes seguir os comentarios a través do RSS 2.0 da noticia.
Tamén podes deixar un comentario, ou trackback dende a túa web.
28 May, 2008 ás 1:17 pm
[...] A priori Larry David so hai un, e é posible que se este se alguén se achegase a unha televisión con unha idea similar para gravar en formato widescreen levaría unhas ostias (ou algo peor), pero por sorte o mundo conta con algo que se chama internet que permite que se alguén ten unha idea a poida compartir con todos, pasando dos que levan toda a vida controlando o que podemos e non podemos ver. Porque ¿qué sería de nós sen Que vida mas triste, Venga Monjas (que xa teñen blog de VM) ou Coinman?. [...]