Chamizo Power
Matachin (4-Marzo-2008)
Esta foi unha das cousas que vivimos este sábado, e digo unha porque outra vez foi un día longo. Primeiro fomos a xogar a Ares á chave e pola noite concerto de The Homens + Boy Elliott.
A visita a Ares pódese resumir en: esperar unha hora o bus, pinchos no hotel, descubrimento do Chamizo de Canosa (necesito fotos para mostrar o mundo mundial), debut de Meteorito, perdemos 3-1 pero as risas de despois compensárono, remate no Picas e marchamos para o concerto.
O concerto: Empezou Boy Elliot que fai pouco que estreou banda que o arroupe en directo e as cancións saen gañando co cambio, soan con moita mais potencia, normal no paso de tocar en acústico a tocar con banda pero mais do que eu me esperaba, moi ben por el. Aínda que para que un de San Valentín nos sorprenda…
Despois tocoulle a vez a The Homens, que é unha xente que nunca nos defrauda e sempre o pasamos canica nos concertos e desta vez ademais do recordo do concerto puidemos levar o seu novo 7″ compartido cos Samesugas que ten un deseño espectacular e que ten dúas cancións por barba. (máis…)
Categorías: Concertos | 5 Comentarios »