Esta foi unha das cousas que vivimos este sábado, e digo unha porque outra vez foi un día longo. Primeiro fomos a xogar a Ares á chave e pola noite concerto de The Homens + Boy Elliott.
A visita a Ares pódese resumir en: esperar unha hora o bus, pinchos no hotel, descubrimento do Chamizo de Canosa (necesito fotos para mostrar o mundo mundial), debut de Meteorito, perdemos 3-1 pero as risas de despois compensárono, remate no Picas e marchamos para o concerto.
O concerto: Empezou Boy Elliot que fai pouco que estreou banda que o arroupe en directo e as cancións saen gañando co cambio, soan con moita mais potencia, normal no paso de tocar en acústico a tocar con banda pero mais do que eu me esperaba, moi ben por el. Aínda que para que un de San Valentín nos sorprenda…
Despois tocoulle a vez a The Homens, que é unha xente que nunca nos defrauda e sempre o pasamos canica nos concertos e desta vez ademais do recordo do concerto puidemos levar o seu novo 7″ compartido cos Samesugas que ten un deseño espectacular e que ten dúas cancións por barba.

The Homens aportan Nada que aproveitar gravado para o disco Tres en Sant Feliu e que non cabia no disco, pero que xa coñecíamos dos concertos e Sad & Lonely dos Samesugas convertido en Sara e Loli ó estilo Tús Gonadas de Trestristesninjas.
Samesugas aporta potencia en Let you win e a versión de Desaparece dos Homens que xa lles escoitaramos en Fene no verán pasado.
Moi bonita a iniciativa que cunda o exemplo.
PD: O sorteo da camiseta farémola esta semana pero temos que quedar algún día para que quede “oficial”, seguiremos informando.
Mais información sobre: Boy Elliott,Samesugas,The Homens
Esta entrada foi publicada o Tuesday 4 March, 2008 ás 9:16 pm en Concertos.
Podes seguir os comentarios a través do RSS 2.0 da noticia.
Tamén podes deixar un comentario, ou trackback dende a túa web.
5 March, 2008 ás 8:37 am
ESEEEEEEEEEEEEEE CHAMIZO!!!!!
ESE METEORITO!!!!!!!!
ESEEE PICAS!!!!!!!!!
GRAN SABADO, GRAN DEBUT PERO SOBRETODO MOITISIMAS RISAS, TIÑAN K SER TODOS OS SABADOS ASI,JAJAJJAJ!!
RESPETO AS FOTOS QUE EU TEÑO AINDA AS TEÑO QUE PASAR A O ORDENADOR!!!!
FORZA PINTEGAS!!!!!!
5 March, 2008 ás 1:38 pm
vaia, ser de San Valentín é unha presión terrible… hahahaha
que é iso de tus gónadas?
5 March, 2008 ás 1:50 pm
Baixate o mp3 de Tus Gónadas de Trestristesninjas e escoitaa logo de We´re only gonna die de Bad Religion.
Despois entenderas do que falo.
5 March, 2008 ás 2:55 pm
é que ser de SV non é cousa de broma, somo retorcidos de carallo.
unha aperta e moitas gracias por estar ahí
5 March, 2008 ás 8:43 pm
¡Chega o meteorito!
http://www.youtube.com/watch?v=lfPEsoh2U0I
Tranquiiilos, ese non, máis ben algo parecido a este:
http://www.youtube.com/watch?v=YRTNLtb_E8A