Hypnotic Brass Ensemble – War
Matachin (14-Marzo-2008)
Os Hypnotic Brass Ensemble é un grupo de jazz formado por nove membros dos que oito son fillos de Phil Cohran, mítico trompetista de jazz.
O grupo é o resultado de dez anos de erguerse as seis da mañá para recibir duras sesións de teoría e práctica da man do seu pai. Esa experiencia foi a base para que anos despois, formaran unha banda que despois de tocar por toda Chicago (a súa cidade natal) decidiran mudarse a Queens e tocar nás rúas de New York, actuacións que actualmente e a pesares do seu éxito continúan a facer todos os días.
Son unha banda de jazz pero con un punto de hip-hop (antes de HBE algúns dos irmáns formaran o grupo Wolf Pack, un grupo co que quixeron afastarse do guns, bitches & bling que imperaba na época) que lles levou a colaborar con artistas coma Mos Def (que os “fichou” tocando na rúa) ou Ghostface Killah ou Erykah Badu.
Categorías: Videoclip | 2 Comentarios »