Jazz Manouche no torrente Ballester
Matachin (26-Marzo-2008)
Este xoves e dentro das “Novas Noites” ferrolanas con mesas, velas e unha pequena barra de bar para acadar o ambente perfecto actuarán en directo Aguardiente Swing Quartet no Centro Torrente Ballester.

Son estos un cuarteto de tres guitarras mais contrabaixo unidos pola paixón ó Gipsy Jazz ou Jazz Manouche do que Django Reinhardt foi o xenio impulsor nos anos trinta. Nos seus concertos interpretan cancións de Reinhardt, estandares americanos e algunha xenialidade coma o Black Hole Sun de Soundgarden que aparece no seu último disco que que podedes baixar de balde no myspace de Aguardiente Swing Quartet.
Espero non perdermo e gardar material audiovisual do evento, e espero non perderme as actuacións vindeiras no Torrente Balleste, que seguirán ata finais de xuño e teñen moitas cousas interesantes que ver.
Categorías: Concertos | 1 Comentario »