Este xoves e dentro das “Novas Noites” ferrolanas con mesas, velas e unha pequena barra de bar para acadar o ambente perfecto actuarán en directo Aguardiente Swing Quartet no Centro Torrente Ballester.

Son estos un cuarteto de tres guitarras mais contrabaixo unidos pola paixón ó Gipsy Jazz ou Jazz Manouche do que Django Reinhardt foi o xenio impulsor nos anos trinta. Nos seus concertos interpretan cancións de Reinhardt, estandares americanos e algunha xenialidade coma o Black Hole Sun de Soundgarden que aparece no seu último disco que que podedes baixar de balde no myspace de Aguardiente Swing Quartet.
Espero non perdermo e gardar material audiovisual do evento, e espero non perderme as actuacións vindeiras no Torrente Balleste, que seguirán ata finais de xuño e teñen moitas cousas interesantes que ver.
Mais información sobre: Aguardiente Swing Quartet,jazz manouche,Novas Noites
Esta entrada foi publicada o Mércores 26 Marzo, 2008 ás 12:48 pm en Concertos.
Podes seguir os comentarios a través do RSS 2.0 da noticia.
Tamén podes deixar un comentario, ou trackback dende a túa web.
28 Marzo, 2008 ás 11:19 am
E o 8 de maio… ROBER BODEGAS!!!