Apaga as luces cando saias da habitación
Matachin (27-Marzo-2008)
Para aqueles que pensan que é mellor deixar as luces acesas porque se gasta mais enerxía ó acender (eu coñezo a algún que o pensa) aquí tedes un vídeo que atopei nun post sobre cómo aforrar enerxía electrica no blog de Sin Dinero, unha páxina onde podedes atopar consellos para chegar mellor a fin de mes.
[youtube W7Lia6lmPXE Cazadores de mitos - bombillas y el consumo del encendido]
Neste vídeo demostran que so é rendable non apagar as luces se vas a estar fora da habitación menos de un segundo na maioría dos casos ou vinte no caso dos fluorescentes, tamén tiran a baixo o mito de que o apagalas duran moito menos.
¡Feliz cumpreanos!
Categorías: consumo | Sen comentarios »