Ainda que agora que o penso, o Vigalondo xa colaborou alguna vezque outra cos chanantes, e os rapaces de Venga Monjas xa tiveron os seus más e os seus menos con este e con aquel. ¿Qué conxunción nin conxunción? Amiguismo puro e duro…
Bah, ó que lle importe, estou desexando ver ese scketch.
Pon fin está aquí o videoclip de Calamar de The Homens, e a espera mereceu a pena. Bo traballo o da Fundación Intemperie, partindo de imaxes reais fixeron un video de animación realmente currado.
Porque non é so un exercicio técnico, senon que o “conceto” do video tamén está moi ben collido. Un dez.
Hai noticias que se non estás atento pasan desapercibidas.
Hoxe curioseando pola páxina dos Fabulosos Cadillacs, vin un mensaxe que poñía descanse en paz Toto e ese foi o xeito de enterarme de que o Toto Rotblat, o que fora percusionista de Los Fabu finou o pasado 29 de marzo dun edema pulmonar na súa casa no barrio de Palermo en Buenos Aires.
Triste noticia agora que parece que se confirma os rumores na web oficial de LFC de que a banda planea a gravación de un disco novo e xira.
Na taberna sempre fomos moito dos Fabulosos e o Toto entrou no grupo en 1991 (substituíndo a un dos fundadores Luciano Junior) xusto polo tempo no que gravaron “El León”, o primeiro disco que conseguín (en cinta, non había mp3) da banda Arxentina.
Nós tivemos a oportunidade de velo en directo en Compostela no que foi un dos mellores concerto da nosa vida. E por iso e outros bos momentos que nos deu: gracias Toto, descansa en paz.
Comentarios