Vale que a pelicula era koreana e estes xaponeses, pero mola imaxinarse a muller camiñando en silencio detrás do tipo mentres este prepadaba o almorzo ou estaba vendo a TV.
Como sempre se dí nestes casos, a realidade supera a ficción.
Pode que dende o rock progresivo saisen moitos peñazos, pero hai que recoñecer que os holandes Focus crearon unha peza ben interesante (e en 1969!).
Eu non os coñecía, hai que lles chame one hit wonder por esta canción, pero ser recordado corenta anos despois por unha canción tampouco está nada mal.
Xa é oficial. A partires do 1 de xullo Fly Music deixará de emitirse na TDT (e supoño que en calquera outra plataforma) e no seu lugar poderase ver o Disney Chanel.
Hai varios blogs coma Vayatele ou Chica de la tele que ven a chegada da Disney á TDT coma unha boísima noticia, pero para moitos non o é en absoluto por dúas razóns.
Por unha banda Flymusic era unha proposta de canle musical digna, que abarcaba unha parte da escena musical española e internacional da que ningunha outra canle se ocupaba, que a pesares de que non tiña tan pouca audiencia (un 1 % para a TDT está bastante ben supoñendo que creas no método de medición de audiciencias, cousa que eu non) non souberon sacarlle rendemento económico.
E a outra é o sustituto: Disney, esa empresa diabólica que pasou de elevar a animación a categoría de arte a converterse en unha multinacional sen escrúpulos á hora de facer cartos, que de un tempo a esta parte está concentrada en facer productos tan políticamente correcto que non lle sae un producto digno desde fai anos.
Xa sei que os cativos andan necesitados de espacios infatis, pero se eu fose pai non desexaría que Hannah Montana fose o exemplo para os meus fillos.
Tú antes molabas es una serie creada entre Antonio Castelo (ex-CQC) e Adolfo Valor (guionista de El Intermedio) que trata sobre la vida de Castelo despois de deixar de ser reporteiro de Caiga quien Caiga e a súa confrontación coa vida cotidiana e que se emite por internet.
A priori Larry David so hai un, e é posible que se este se alguén se achegase a unha televisión con unha idea similar para gravar en formato widescreen levaría unhas ostias (ou algo peor), pero por sorte o mundo conta con algo que se chama internet que permite que se alguén ten unha idea a poida compartir con todos, pasando dos que levan toda a vida controlando o que podemos e non podemos ver. Porque ¿qué sería de nós sen Que vida mas triste, Venga Monjas (que xa teñen blog de VM) ou Coinman?.
Falando xa da serie a interpretación de Castelo podería mellorar (que carallo, a idea é súa) pero a serie promete e o capítulo ten suficientes bos detalles como para desexar ver un segundo episodio.
Acabou Eurovision e as críticas céntranse unha vez mais no sistema de votos, pero sexamos sinceros o problema non é o sistema: cando vai votar Portugal ou Andorra todo o mundo da por sentado a quen van votar, e cando vota Noruega ou Suecia sábese como vai o tema. Entón, ¿cal é o problema co antigo bloque soviético? Que son mais e por eso gañan.
Así que a posible solución para unha victoria española pasa pola desmembración da patria. Se Federico ou Pedro Jota fosen verdadeiros patriotas farían fronte común pra romper España e transformar unha monarquía parlamentaria de 504.645 km² en multitud de pequenos paises facendo piña para traer o trofeo de Eurovisión á casa.
Deluxe, Vestusta Morla, Sunday Drivers, Café Tacuba… ó principio non coñecíamos a ningun grupo. Pero agora xa se vai con mais ganas ó Cultura Quente, aínda que eu xa estaba apuntado :).