Niños Mutantes – Como yo te amo
Matachin (9-Maio-2008)
Tremendo onte Rober Bodegas na capela do Torrente Ballester dentro das Novas Noites, ate o de onte so o coñeciamos da suas actuacións no Rey de la Comedia (concurso da TV do que saiu gañador) polo que agardabamos algo divertidísimo e como era de esperar a súa actuación no defradou a ninguén.
Dende o principio vímolo moi acelerado e pensamos que nalgún momento baixaría o nivel, pero non, foron case hora e media de enlazar unha historia con outra sen apenas tempo para parar de rir entre conto e conto. Con un armazón de historia que xa coñeciamos de antes (a súa aversión os iogures e as aventuras no bus á Zapateira) pero moi enriquecidas por estar estas ampliadas con paranoias varias e a posibilidade de abordar temas menos políticamente correctos como o sexo ou as drogas que seguro non poido soltar no concurso de La Primera.
E como hoxe é venres e para ilustrar o post, un video de Niños Mutantes, que tocan hoxe en La Coru con unha canción que se poido escoitar antes do recital de Bodegas (xunto a Love of Lesbian, Amarillo, etc… que por algo é de Carballo e popi).
Síntoo polos que nos coñecen e non foron onte á actuación, porque seguro que os nosos chistes das próximas semanas estaran basadas na actuación de Bodegas, outra vez será para eles.
Categorías: Humor, Videoclip | 1 Comentario »