Hai que romper España
Matachin (26-Maio-2008)
Acabou Eurovision e as críticas céntranse unha vez mais no sistema de votos, pero sexamos sinceros o problema non é o sistema: cando vai votar Portugal ou Andorra todo o mundo da por sentado a quen van votar, e cando vota Noruega ou Suecia sábese como vai o tema. Entón, ¿cal é o problema co antigo bloque soviético? Que son mais e por eso gañan.
Así que a posible solución para unha victoria española pasa pola desmembración da patria. Se Federico ou Pedro Jota fosen verdadeiros patriotas farían fronte común pra romper España e transformar unha monarquía parlamentaria de 504.645 km² en multitud de pequenos paises facendo piña para traer o trofeo de Eurovisión á casa.
Categorías: Música, Política | 2 Comentarios »
