A Pintega

Hai que romper España

Acabou Eurovision e as críticas céntranse unha vez mais no sistema de votos, pero sexamos sinceros o problema non é o sistema: cando vai votar Portugal ou Andorra todo o mundo da por sentado a quen van votar, e cando vota Noruega ou Suecia sábese como vai o tema. Entón, ¿cal é o problema co antigo bloque soviético? Que son mais e por eso gañan.

Logo Eurovision 2008

Así que a posible solución para unha victoria española pasa pola desmembración da patria. Se Federico ou Pedro Jota fosen verdadeiros patriotas farían fronte común pra romper España e transformar unha monarquía parlamentaria de 504.645 km² en multitud de pequenos paises facendo piña para traer o trofeo de Eurovisión á casa.

Poderíase empezar amodo: primeiro nacionalidades históricas e logo, unha a unha o resto de autonomías, aínda que quizais non sería o sistema mais productivo de maximizar resultados. Para un mellor resultado deberíase evitar os límites naturais e aproveitar mellor ó espacio con divisións mais eficientes trazando fronteira con escuadra e cartabón coma se de un estado do interior dos EEUU ou un pais africano trazado polo demo branco se tratase. Se non importasen idiomas, tribus, limites naturais e outras lerias poderíanse superar ampliamente a superioridade soviética.

Por certo, e falando dos novos inquisidores da TV, Telecinco sacou unha enquisa na súa web na que preguntan ¿que serie te gustaría ver? onde poñen series que pasaron pola parrilla de Telecinco e preguntan cal de elas te gustaría ver en Factoría de Ficción (un dos seus canais da TDT).

Eu fun directo a votar Moncloa, ¿digamé?, na que a parte de sair os galegos Javier Veiga ou Manquiña, é una producción de El Terrat e en momentos coma estes seguro que Telecinco está desexando que un sistema democrático de votos faga gañar cartos a unha productora catalana :) .

E pra rematar ¿que teima teñen con que unha productora privada se enriqueza con Eurovision? ¿e as discograficas privadas non se beneficiaban antes? ¿e porque non se lles ocurriu a elas ou porque a súa amizade coas discográficas e estas odian a competencia?

Mais información sobre:

Esta entrada foi publicada o Luns 26 Maio, 2008 ás 4:58 pm en Música, Política.

Podes seguir os comentarios a través do RSS 2.0 da noticia.

Tamén podes deixar un comentario, ou trackback dende a túa web.

Fixéronse 2 comentarios.

  1. kusturica Says:

    Balkanizazión (koma di jans_topo).
    ¡¡¡¡¡POR ESPAÑA!!!!!

  2. Jesús Says:

    Aínda que non contesta directamente ao artigo…velaí vai algo relacionado acerca diso…e do chiki chiki, unha lección de Buenafuente:
    http://andreubuenafuente.com/?id=p568

Deixa un comentario

XHTML: Podes usar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

A Píntega: Taberna Virtual is proudly powered by WordPress
Entries (RSS) and Comments (RSS).