En Chica de la tele fanse eco de que Chico Santamano día que estanse a regrabar os capítulos de Que Vida más Triste para ser emitidos na Sexta.
Non sei se QVMT perderá algo da frescura que lle da internet pero polo demais é todo un premio para Rubén Ontiveros que xa merecía ter mais proxección e un dez para La Sexta por intentar cousas novas e darlle oportunidade para novos guionistas para os seus programas.
Por moitos blogs de música andan facendo campaña pola Revolución Sexual de La Casa Azul e iso faga que agora mesmo leve unha distancia brutal sobre o seguinte clasificado e é unha boa canción pero é que detrás hai moito material que non deberíamos desprezar.
Por exemplo con case 1000 votos menos temos Mi Hermana Pequeña de Los Planetas, e outras coma Voy a aterrizar de Nosoträsh ou Con esos ojitos de 7 Notas 7 Colores que forman parte da banda sonora da miña vida.
Tamén podedes votar cancións coma On my mind, En un mundo tan pequeño, Tokio ya no nos quiere e moitas mais. Estaría ben ver unha gala chea de exitos ainda que me gustaría ver que pasaría se Sarri, sarri (que está na lista) quedara entre as mais votadas.
Despois de unha xornada agotadora dirixímonos o sábado á Run Rum para ver en concerto a vellos coñecidos e descubrir un directo que xa prometía antes de asistir.
De primeiro plato os coñecidos, non sei cantos concerto levamos de The Homens pero poucos non son, e sempre nos gustan. Desta vez, quizais porque viñan outros detrás soaron mais urxentes empatando unha canción con outra e nós bailamos moito e pasámolo moi ben, porque sempre o facemos.
De segundo prato Charades, que presentaban un dos meus discos favoritos do ano e o seu directo non defraudou nadiña: as súas harmonías vocais quedaron perfectas en vivo e de regalo cunha batería que soaba moi potente gañaron en intensidade.
Despois do concerto leveime o seu disco en vinilo e agora mesmo está a sonar no meu tocadiscos. Tamén a destacar que no disco ven un código para poder baixarse o disco dende BCore a 192 kbps, vinilo + mp3: o combo do século XXI.
PD: Logo houbo tempo para dar unha volta e troulear por Ferrol, por certo Xocas ¿como se chamaba o grupo de hardcore que lle recomendaches a jans_topo?
Coincidindo coa saída da súa versión 3.0 do seu navegador, o Firefox, Mozilla quere acadar o record Guinnes de descarga de software nun so día.
Se aínda non coñecías Firefox, ou se xa o coñecías pero non te convenceu ou se pensabas que pra navegar por internet só se podía empregar o Internet explorer, dalle unha oportunidade o Firefox 3.
Firefox é a mellor opción (na miña opinión) se queres navegar por internet. E a nova versión ten moitas melloras: unha reducción no seu consumo de recursos, un novo xestor de descargas, unha nova forma de administrar favoritos e historial, unha barra de direccións con autocompletado, etc…