Hoxe é o día pra descargar o Firefox
Matachin (17-Xuño-2008)
Coincidindo coa saída da súa versión 3.0 do seu navegador, o Firefox, Mozilla quere acadar o record Guinnes de descarga de software nun so día.
Se aínda non coñecías Firefox, ou se xa o coñecías pero non te convenceu ou se pensabas que pra navegar por internet só se podía empregar o Internet explorer, dalle unha oportunidade o Firefox 3.
Firefox é a mellor opción (na miña opinión) se queres navegar por internet. E a nova versión ten moitas melloras: unha reducción no seu consumo de recursos, un novo xestor de descargas, unha nova forma de administrar favoritos e historial, unha barra de direccións con autocompletado, etc…
Descarga o Firefox e comprobao por ti mesmo.
Actualización: O día empeza ás 10 hora de San Francisco, isto é, as sete da tarde hora galega.
Categorías: Informática, Internet | 3 Comentarios »