A Pintega

26 Xuño, 2008

Os indispensables de RTVE

Matachin (26-Xuño-2008)

Parece ser que a RTVE colleulle o gustiño a esto de facer votacións musicais e puxo en marcha outra campaña para votar a mellor canción independente de España.

Por moitos blogs de música andan facendo campaña pola Revolución Sexual de La Casa Azul e iso faga que agora mesmo leve unha distancia brutal sobre o seguinte clasificado e é unha boa canción pero é que detrás hai moito material que non deberíamos desprezar.

Por exemplo con case 1000 votos menos temos Mi Hermana Pequeña de Los Planetas, e outras coma Voy a aterrizar de Nosoträsh ou Con esos ojitos de 7 Notas 7 Colores que forman parte da banda sonora da miña vida.

Tamén podedes votar cancións coma On my mind, En un mundo tan pequeño, Tokio ya no nos quiere e moitas mais. Estaría ben ver unha gala chea de exitos ainda que me gustaría ver que pasaría se Sarri, sarri (que está na lista) quedara entre as mais votadas.

Votade en Los Indispensables de Radio3, e a ver que sae… tedes ata o 3 de xullo.

Categorías: Música | Sen comentarios »

A Píntega: Taberna Virtual is proudly powered by WordPress
Entries (RSS) and Comments (RSS).