Hoxe mércores As Pintegas de chave impuxéronse o Fumazo no torneo da AVV de San Pablo, o que fai que cheguen as semifinais do torneo, o e que o mais lonxe que chegou o equipo nun torneo.
O xoves que ven enfrontaranse ó Outeiro ás oito da tarde. Será un partido difícil pero quen dixo medo habendo hospitais: Arriba Píntegas!!
Esta fin de semana, empezando por hoxe, celébranse as festas de Narón e en case todos os días teñen un concerto no paseo marítimo de Xubia. Para comezar, hoxe mércores e despois do pregón, festa dos 60s/70s con Los Truenos e Jockeys e despois dos fogos artificiais actuarán Los Zares para rematar a troula ye-ye.
E pra rematar o domingo Faltriqueira, Four Men and a Dog e Milladoiro porán o broche folk das festas, que xunto coas orquestas que se engaden a proposta musical poderán contentar a bastante xente.
O que era un rumor apareceu confirmado no blog de Fran Nixon, Sergio Algora poeta e músico, pero sobre todo poeta, que aportou surrealismo os noventa con El Niño Gusano e despois con Muy Poca Gente e La Costa Brava morreu esta noite mentres durmía a causa dos seus problemas de corazón.
Deixa atrás grandes letras e un montón de amigos.
Hoxe televisión e prensa falarán da final de OT. Non saben o que se perden.
Comentarios