A Pintega

1 July, 2008

Música pra ver e descargar

Matachin (1-July-2008)

Teño agasallos pra hoxe.

Por unha banda, en fabchannel.com teñen un montón de concertos pra ver online e fai pouco subiron un concerto de Lori Meyers en Barcelona, presentando o seu último disco.

E por outra banda Flor y nata records agasállanos cun sampler dos seus novos lanzamentos deste ano para descargar, é por tempo limitado e trae grupos coma Los Glosters, Los Summers ou The Bikinis.

Non vos queixaredes…

Categorías: Videoclip, mp3 | Sen comentarios »

Festival ANTROS PINOS en Taragoña

Matachin (1-July-2008)

Un amigo mándanos o cartel do festival que entre outros organiza en Taragoña e nós moi gostosos anunciámolo aquí.
Festival Antros Pinos
O festival será o próximo 18 de xullo, a súa entrada é gratuita e poderedes ver en directo a bos grupos de todos os estilos dende o folk o rock coma MacFeck, os locais Chiquilicuatres, Yoplay, Bakin’ Blus Band ou La Green River Band.

Xa sabedes, se queredes festa: FESTIVAL ANTROS PINOS !!!

Categorías: Concertos | Sen comentarios »

A Píntega: Taberna Virtual is proudly powered by WordPress
Entries (RSS) and Comments (RSS).