N.E.R.D - Everyone Nose
Matachin (8-July-2008)
Non me puiden resistir e aínda que non sexa venres teño que presentarvos esta canción incrustada na miña cabeza dende que vin o videoclip onte. The Neptunes son un dos equipos de productores mais reputados deste século e despois de fabricar hits para o mais o mais vendedor dos USA decidíronse a sacar un disco mais alonxado do hip-hop, achegándose mais o pop-rock e un son soul mais clásico baixo o nome de N*E*R*D (Noone Ever Really Dies) ala polo 2001.
Situados na cima empezaron a producir a grupos que podían pagar o seu novo caché, que ían dende o hip-hop mais caricaturizado a estrellas da talla de Maria Carey, Madonna ou Britney Spears (o Toxic é deles). Despois veu a pastelada en forma de disco en solitario de Pharrell, Pharrell coma imaxe de Louie Vuiton, Pharrell facendolle coros a todo Dios… e eu persoalmente quedei un poco saturado de tanto Neptune.
E aínda que nun principio pasaba un pouco do novo de N*E*R*D de súpeto vexo esto: un ritmo frenético, un baixo saltarín, un estribillo algo estúpido (”All The Girls Standing in the line for the bathroom!!” ou “”one hundred dollar bill, atchus!!) pero pegañento e un videclip con festa rachada, pogos e modelos en plena voráxine farlopeira.
Sen dúbida esta será a canción do verán, con un pequeno pero… non creo que a escoite nunca en un local de por aqui ![]()
Categorías: Videoclip | Sen comentarios »