Non falamos nada do tema pero para os que vos interese o sábado pasado rematou o noso torneo de chave que organizamos no Restaurante Javier, e o final do día o campión foi o Lúa Nova despois dunha emocionatísima final contra o Mesón O’Campo que despois de empatar a primeira partida a 30 e a segunda a 38 tiveron que botar unha única man de desempate que, por se non fora pouca, decidiuse entre os dous últimos chavistas por unha chave de diferencia.
Aquí tedes unha foto dos subcampións co seu trofeo e un xamón que sorteamos ó final (xunto con dúas botellas de viño) que tamén lle tocou a Julio, que xogou semiminal e final coa man esquerda vendada por mor dunha operación (sorte que xoga coa dereita).
Os dignos semifinalistas foron O Pazo (fronte o Lúa Nova) nunha partida no que tamén foi necesario un desempate e o Ambigú CPS:
Estou argallando un pequeno resumen en video co que gravamos na fin de semana, polo de agora podedes ver en Flickr algunha das fotos que sacamos no torneo, como esta:
Mais información sobre: chave
Esta entrada foi publicada o Venres 19 Setembro, 2008 ás 00:30 en Pintegas.
Podes seguir os comentarios a través do RSS 2.0 da noticia.
Tamén podes deixar un comentario, ou trackback dende a túa web.




19 Setembro, 2008 ás 09:52
!!! emocionantisima seguro !!!
22 Setembro, 2008 ás 14:14
[...] ver mais fotos e un pequeno resumo do torneo na web a A Píntega. Gardado en Torneos [...]