O fin de semana que ven e nas vésperas do meu aniversario algúns taberneiros marcharemos cara Avilés para asistir o festival Articulo 20, no que se xuntan competición de skate, música e exhibicións de arte.
A primeira nova foi que Airbag tocaban preto polo que xa tiñamos pensado achegarnos pero a bomba caeu cando soubemos que os Electric Six actuarían polo que soben o nivel do domingo dende pensarnos de quedar ou non ate que o domingo sexa o día que espero con maior expectación.
Se a todo isto sumámoslle Standstill, Cápsula e outros por descubrir e o anti-Karaoke non nos queda outra que apuntarnos!
PD: Estou por prepararme unha canción, sei que non teño voz ningunha pero a ver como vai o nivel .
Como todos os anos volve a caer o Buy Nothing Day onde intentan facer unha xornada na que non se merque nada, nun xesto contra o sistema actual de consumo que é insostible dunha forma tanto social como ambientalmente. En España dende Ecologístas en acción tamén se suman propoñendo actividades para estes días e na Coruña hai eventos dentro das Xornadas de Consumo Consciente.
O día escollido este ano e mañá, o 28 de Novembro, e parece ser que na provincia da Coruña este ano terá mais seguidores que nun principio podería parecer posto que tanto a CIG, coma CCOO coma UGT convocan unha folga do comercio en protesta pola precariedade laboral dos seus traballadores e moitos comercios non abriran e outros posiblemente sexan invitados a pechar.
Así que mañá unídevos á festa e non merquedes algo que probablemente non necesitedes tanto.
Recordo os tempos cando a NHL era o noso pasatempo dos venres.
Entendidos, entendidos, non somos pero… isto é un golazo non?
E falando disto:
Rene: ¿Que demos estas facendo?
Brodie: Acabando a miña partida…
Rene: Non, non, non! Prometíchesme un almorzo.
Brodie: Almorzo? Mira o marcador. Estou aínda na segunda, e vou gañando 12 a 2. Os almorzos veñen e van, Rene. Agora, Hartford, eles so gañaron a Vancouver unha vez… pode que dúas en toda a súa vida.
Esta foto dos Justice nunha “live set” está a correr moito hoxe pola internet, ¿e que ten de raro? diredes vós, pois moi sinxelo se vos fixades en Gaspard (o barbacas da esquerda) non ten a súa controladora midi conectada. Ups!
E logo da foto veña todos a rajar: que Justice é unha fraude, que vaia merda os directos pregrabados de música electrónica, que en realidade o disco xa era malo, …
Ata que veñen os Justice e din que o que pasou é que o desconectaron porque daba un erro e que o conectaron ao momento (mesmo hay foto que din que o demostra), e ate puxeron a foto de arriba no seu myspace para restarlle importancia.
E moitos recuaron e lle deron a razón aos franceses e outros seguen sen crer as súas explicacións. Porque a internet é iso, ves algo, contrastas e despois quedas coa versión que mais te convence.
O que si vos podo asegurar e que na sesión de Vámonos Atomos! non haberá trampa nin cartón.
Comentarios